Xa están publicadas as bases do XXVI Concurso de Cantería de Parga e a ficha de inscrición para as persoas interesadas en participar. O concurso celebrarase na XXX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, o próximo domingo 20 de xullo. O prazo de inscrición será do 1 a 15 de xullo.

A finalidade deste certame é promocionar o oficio de canteiro así como a pedra, que é un dos recursos turísticos máis importantes do noso Concello. A participación no concurso está limitada a 15 participantes e as solicitudes serán admitidas por rigoroso orde de inscrición.

A organización terá disposto para todos os participantes “ CACHOTES “ de granito silvestre . O tema da peza será libre. Os participantes terán que vir provistos das ferramentas manuais que eles consideren máis axeitadas para a realizacións das súas obras (macetas, punteiros, cicel, etc).

Disporán para labrar a pedra dende as 09:00 ata as 14:00 horas do día de celebración da feira, é dicir, do 20 de xullo de 2025, podendo adicarlle o tempo que cada un deles estime oportuno entre esas horas. Antes de comezar a traballar identificaranse á organización presentando o DNI .

As contías dos premios serán de 750 euros para o primeiro posto, 500 euros para o segundo e 250 euros para o terceiro. O xurado estará composto por un mínimo de tres e un máximo de cinco persoas que designará a organización da mesma. As obras que resulten premiadas pasarán a ser propiedade da organización.

A inscrición poderase facer por Sede Electrónica ou de xeito presencial no rexistro do Concello, así como tamén a través do correo electrónico turismo@concellodeguitiriz.com.

FICHA INSCRICIÓN CONCURSO DE CANTERÍA PARGA

Bases XXVI Concurso Cantería de Parga