A Biblioteca Municipal de Guitiriz xa seleccionou ás 10 persoas gañadoras do trivial cultural e literario «Entre libros anda o xogo», co que conmemoramos o Día das Bibliotecas 2026.

Óscar, técnico da aula CeMIT, foi o encargado de extraer as participacións premiadas con dez soportes para libros, pensados para facilitar a lectura e permitir gozar dela con maior comodidade.

Estas son as 10 persoas premiadas:

1. Pilar Beres
2. Marina
3. Conchita
4. Alejandro
5. Margarita Rodríguez
6. María José Sánchez
7. Kevin Guizán
8. Daniel Regueiro
9. Ana María Montouto
10. Pilar Bellón

Parabéns a todas as persoas gañadoras e moitas grazas a todos os participantes, que contribuíron a celebrar a lectura e a cultura da man da Biblioteca Municipal de Guitiriz.