Hoxe, martes 15 de xullo, comenzarán os traballos previos para levar a cabo a construción dun novo colector, un proxecto no que o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil investirán 2,5 millóns de euros.

Polo de agora, consistirán na medición de terreos por parte dos técnicos da Confederación e tamén a limpeza de determinadas zonas polas que pasa o colector existente.

Se calquera veciño ou veciña ten algunha dúbida ou cuestión a plantexar sobre estes traballos pode chamar ao Concello no teléfono 982 370 109.