Consulta o listado de persoas admitidas e en lista de agarda do 2º prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas Municipais 202/2026. O listado tamén inclúe o día de inicio e hora de cada actividade, os horarios e o lugar de realización das mesmas.
Os listados das persoas admitidas e en lista de agarda están elaborados por actividade e por rigorosa orde de rexistro de entrada.
As persoas admitidas que se queiran dar de baixa, antes de empezar a actividade, poden facelo ata o venres 31 de outubro pero están obrigadas a aboar a cota de matrícula igualmente.
No caso de haber baixas nos distintos grupos, as prazas vacantes iranse cubrindo coas persoas da lista de agarda por rigorosa orde de rexistro de entrada.
No grupo de “Zumba” Infantil non saen o listado de admitidos/as debido a que non se chega ao número mínimo de participantes para realizar a actividade.
E o Grupo 1 da actividade de Pádel tampouco se vai levar a cabo, debido a que non hai participantes interesados/as neste horario.

0 Comments
Leave A Comment