Proyecto ACETO

Proxecto ACETO

RECOLLIDA SEPARADA DE ACEITES DE COCIÑA USADOS DO CONCELLO DE GUITIRIZ

O proxecto ACETO é un programa de recollida e reciclaxe de aceites de cociña usados que impulsa o Concello de Guitiriz co obxectivo de:

  • Impulsar a recollida separada de residuos de aceites vexetais
  • Impulsar a reciclaxe de residuos de aceites vexetais
  • Incrementar a % de valorización de residuos municipais
  • Axudar no cumprimento de obxectivos de produción de enerxías renovables a través de biocombustibles
  • Cerrar o ciclo de materiais, usando eficientemente os recursos existentes e cumprindo coa necesidade de reducir a degradación dos sistemas ecolóxicos por sobrexplotación

Que son os aceites de cociña usados?

Son graxas e aceites de orixe vexetal que empregamos no cociñado de alimentos nos ámbitos domésticos, centros e instalacións, hostalería, restauración ou análogos e que posteriormente nos desfacemos deles.

O código LER co que se identifica este residuo é de 200125, aceites e graxas comestibles.

Que tipos de aceites podo reciclar?

Todo tipo de aceites xerados na preparación, cociñado e condimento de diferentes alimentos, é dicir, frituras, latas de conserva, aliño para ensaladas…

Cales son os principais lugares onde se xeran aceites de cociña municipais?

  • Nos fogares dos domicilios
  • En actividades comerciais que teñen lugar en bares, restaurantes, hoteis, comedores colectivos de empresas… entre outros
  • Centros educativos, comedores sociais de calquera centro ou administración pública
Mapa de ACETO, puntos de recogida
Mapa de ACETO, puntos de recogida

Por que debemos xestionar de forma axeitada o aceite?

O aceite usado da cociña ten un poder contaminante moi elevado e pode resultar moi prexudicial para o medio ambiente.

Un litro de aceite usado contén aproximadamente 5.000 veces máis carga contaminante que a auga residual que circula pola rede de suministros e pode chegar a contaminar 1.000 L de auga.

O aceite ten unha menor densidade que a auga, por iso, non chegan a mesturar se non que o aceite flota e queda na parte superior da auga. Cando isto sucede en medios acuáticos como poden ser ríos ou lagos, prodúcense problemas no intercambio de osíxeno da auga afectando ós seres vivos que residen nestes ecosistemas e provocando a súa morte.

Ademais, o aceite que acaba chegando aos ecosistemas acuosos, adhírese ás branquias e a pel dos peixes provocando a súa morte.

Do mesmo xeito que se evita a correcta osixenación da auga, tamén impide o paso dos raios do sol, o que provoca que plantas acuáticas como as algas realicen correctamente a fotosíntese, o que acaba levando á morte da flora acuática e, en consecuencia, tamén da fauna asociada.

O mesmo sucede se tiramos o aceite no xardín da nosa casa. No caso de que caia sobre a terra, os efectos son similares ós dos medios acuáticos, posto que impedirá a osixenación da mesma, así como a libre circulación da auga e, en pouco tempo, esa terra deixará de ser fértil.

Ademais dos problemas medio ambientais, desfacernos do aceite de cociña usado aínda que sexa en cantidades conleva a sobre custos, tanto a nivel domiciliario como na propia xestión do mesmo en estacións depuradoras.

O custo de depurar o aceite usado que se verte pola rede de sumidoiros é 700 veces máis caro que o que pagan un cidadán polo tratamento da súa auga residual.

O aceite que se tira polo fregadeiro ou inodoro pode acabar obstruíndo as cañerías.

O aceite ao mesturarse con outros elementos químicos como suavizantes ou deterxentes, crea unhas bolas de graxa que pouco a pouco van tupindo as cañerías ata obstruílas completamente.

Ademais, nesta capa xelatinosa que se forma, quedan retidos residuos e bacterias, converténdose en antihixiénicos.

Boas prácticas a seguir no ciclo de xestión:

  • Reducir en orixe: A prevención da xeración de residuos de aceites de cociña usados é prioritaria e para iso, é importante a sensibilización para impulsar hábitos de consumo saudables e nas cantidades axeitadas, particularmente no que a alimentos fritos respecta.
  • Reutilizar: Usemos tantas veces como sexa posible un mesmo aceite sen que sexa prexudicial para a nosa saúde.
    • Garda aceites de frituras e reutizaos cantas veces sexa posible
    • Non tires os aceites das conservas, reutilizaos para o aliño de ensaladas ou como condimento para outro tipo de comidas
  • Reciclar: Unha vez utilizado o aceite de cociña debes deixalo arrefriar, ten preparado un envase con tapa onde poder vertelo e unha vez estea cheo, deposítao nalgún colector de recollida específico que tes nos lugares de aportación.

Valorización do aceite usado de cociña

Os aceites de cociña usados recollidos adecuadamente poden recibir tratamentos mediante os cales se preparan para a produción de biocarburantes, xabóns e outros usos na industria química (barnices, ceras, etc), xerando deste xeito actividade económica e empregos máis verdes e reducindo a dependencia de combustibles fósiles.

No caso de aceite usado xerado no Concello de Guitiriz, a empresa encargada da recollida do aceite será Procesadora Galega de Alimentos S.L autorizada pola Xunta de Galicia como xestor de residuos e o fin último do mesmo será a elaboración de biocarburantes.

Este é un combustible ecolóxico producido a partir de aceites vexetais e graxas animais, sendo a colza, o xirasol e a soia as materias primas máis empregadas para este fin. As propiedades do biodiesel son practicamente as mesas que as do gasóleo de automoción en canto densidade e número de cetano. Ademais, presenta un punto de inflamación superior. Por todo iso, o biodiesel pode mesturarse con gasóleo para o seu uso en motores e incluso substituílo totalmente se se adaptan estes adecuadamente.

¿Sabías que cada kg de aceite que decidas reciclar se pode converter en 0.92 kg de biodiesel?

Plan de divulgación

Chegar á cidadanía e facela partícipe do Proxecto ACETO será a mellor medida para conseguir unha correcta execución do programa de recollida e xestión dos aceites de cociña usados no Concello de Guitiriz.

Para iso, o Concello establece diferentes medios a través dos cales publicar as actividades divulgativas que se realizarán e ademais, dentro desta páxina web habilitarase un foro a través do cal poderedes facer todas as consultas que consideredes oportunas, aclarar dúbidas e mesmo xerar debate, co obxectivo sempre de aprender a concienciar.

A continuación, indícanse as actividades que se levarán a cabo co obxectivo de dar a coñecer este programa e sensibilizar á cidadanía.

Os 4 puntos fixos informativos onde atopar información son:

  • Escola da Ventisca, Buriz
  • Casa do Concello, Guitiriz
  • Escola das Nenas, Santo Estevo de Parga
  • CODEGUI Cooperativa Merendeiro, Os Vilares

Se necesitas información…

Envía as túas dúbidas por email info@concellodeguitiriz.com ou chamando ao 982 370 109