Proxecto de Dixitalización do Arquivo Municipal do Concello de Guitiriz
A Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 42.046,95 euros o Concello de Guitiriz para un proxecto de dixitalización do arquivo municipal do Concello de Guitiriz coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.
Esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia está cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, na liña de actuación 57, Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, co obxetivo específico de promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e- saúde, recollido na prioridade de investimento de reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica, do obxectivo temático mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a esas.