DONA MARIA SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Poño en coñecemento os vecinos do núcleo urbano de Guitiriz, que seguindo coas medidas establecidas para tratar de solucionar o problema recurrente da auga en Lagostelle, fanse as análises periódicas necesarias para detectar calquer incidencia. No último control realizado tanto pola Consellería de Sanidade como polo Concello, detectouse un alta concentración de ferro na auga distribuida, dando valores de 1640 µg/l.

Polo tanto, recoméndase non empregar dita auga suministrada para consumo humano. Así mesmo, o Concello continua a facer todo o posible para darlle unha solución definitiva ó problema, coa posta en marcha de medidas como a construcción da nova conducción que faría que a auga procedente dos mananciais da “Serra do Cordal de Montouto” vaian directamente os depósitos sen pasar polo pantano. Captación de novos mananciais có fin de que a auga a consumir fose na súa maioria directamente á rede sin pasar polo pantano, que é o punto donde se detecta a maior concentración de ferro.