Nestes días estamos a recibir moitas peticións para canalizar a vosa solidariedade co pobo ucraíno. 

Para que esa axuda sexa efectiva e non quede en simples boas intencións, recibimos unha serie de indicacións por parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da Fegamp.

O que nos trasladan é que agora o importante son as doazóns económicas. De tódolos xeitos, desde o Concello estamos en continuo contacto cos interlocutores das entidades que fan axuda humanitaria no territorio para que, no momento que estas reclamen que se faga entrega de alimentos, roupa ou calquera tipo de produto, poder habilitar unha zona de recollida. 

Polo tanto:

  • Prégase que NON se faga acopio de alimentos, mantas ou outros materiais de primeira necesidade xa que as ONG que xestionan o reparto da axuda no terreo están colapsadas. Ademais, Rusia está bombardeando camións cargados con axuda humanitaria e non se pode garantir a distribución. 
  • O máis eficaz é facer unha achega económica ás ONG ou administracións locais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan. Ao tratarse de países europeos, hai garantías de que poden conseguir os materiais que precisan.

Trasladan as seguintes vías de canalización de achegas económicas:

  • Coordinadora Española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/2022/03/como-apoyar-a-las-ongd-espanolas-en-ucrania/    
  • Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania 
  • Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína:  https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf 
  • ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble