O pasado martes, o Concello iniciou o programa ‘Recreos con froita’ no CEIP Lagostelle de Guitiriz. As 237 nenas e nenos do colexio, con idades compredidas entre 3 e 12 anos, benefícianse desta iniciativa á espera de adhesión de máis colexios do municipio.

Este programa, que vai polo terceiro ano consecutivo, está a ter unha gran acollida entre familias e escola. A través de esta iniciativa, garántese que a mocidade merende froita na hora do recreo, tanto os martes como os xoves de cada semana.

O obxectivo que persegue o goberno local é incrementar e afianzar o consumo de froita durante a infancia. Deste xeito, reducir o consumo de procesados, produtos envasados e de azucres nas merendas, xa que é o momento máis propicio para iso.