A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz convoca  5 talleres de informática para o mes de xaneiro. A veciñanza do Concello de Guitiriz, poderá optar a diversa formación no ámbito tecnolóxico, todos eles de balde.

A continuación presentamos a programación dos talleres de informática:

  • Informática básica, conta cunha duración de 20 h. Vai dirixido a persoas que teñan poucos coñecementos de informática. 

Os contidos do taller son os seguintes: I. Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V. Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB) VI. Crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos.VII Introdución ao funcionamento dos buscadores VIII. Trucos para buscadores. Busca avanzada IX. Recursos en buscadores: web, imaxes, vídeo, libros. X. Saber que é o correo electrónico e como funciona. XI. Identificar as distintas formas de acceder ao correo (cliente e webmail). XII. Aprender a redactar, enviar e recibir correos electrónicos. XIII. Enviar e recibir documentos adxuntos. XIV. Organizar o correo recibido. XV. Xestionar contactos. XVI. Aprender a crear sinaturas.

  • Banca electrónica. Conta cunha duración de 6 horas. Dirixido a persoas que teñan interese en aprender a comunicarse e facer xestións a través de internet co seu banco.

Os contidos do taller son os seguintes: I. Recoñecer as vantaxes que ofrece a banca pola Internet. II. Identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas oportunas. III. Coñecer, localizar e pór en práctica os principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través da Internet.

  • Reunións virtuais por videoconferencia e chat. Conta cunha duración de 6 horas. Dirixido a persoas que teñan interese en aprender a manexar ferramentas de videoconferencia.

Os contidos do taller son os seguintes: I. Recoñecer as vantaxes que ofrecen os sistemas de videoconferencia.  II. Idendificar as diferentes plataformas de videoconferencia. II Configurar e usar programas de videoconferencia.

  • Iniciación ao scratch. Levarase a  os luns pola tarde, de xaneiro, febreiro e marzo. Dirixido a menores con idades comprendidas entre os 8 e 10 anos que se queiran adentrar na programación.

Os contidos do taller son os seguintes: I. Introdución a Scratch e primeiros pasos.II. Bucles e condicionais. III. Pintar e utilización de efectos. IV. Interacción entre obxectos e mensaxes. V. Crea o teu videoxogo.

  • Libre Office Writer Básico. Taller a realizar online. Conta cunha duración de 25 horas. A realizar entre o 11 e o 29 de xaneiro. Dirixido a toda persoa que teña interese en iniciarse na elaboración de documentos de textos.

Os contidos do taller son son os seguintes:  I. Introdución. II. Abrir un documento. III. Gardar un documento. IV. Cerrar el procesador de textos. V. A interface de Writer. VI. As barras de ferramentas. VII. Poñer e quitar barras de ferramentas. VIII. Engadir, inserir e borrar texto. IX. Desfacer erros. X. Escribir co procesador de textos. XI. Desprazarse polo texto. XII. Seleccionar un texto. XIII. Dar formato a un texto: negrita, cursiva e subliñado.  XIV. Tamaño e tipo de letra. XV. Poñer cores. XVI. Copiar, cortar e pegar textos. XVII. Aliñar texto. XVIII. Espazamento entre liñas. XIX. Espazamento  entre parágrafos. XX. Tipos de sangrías. XXI. Usar a tecla Tabulador (TAB). XXII. Aplicar tabuladores manuais. XXIII. Listas numeradas e viñetas.  XXIV. Formas de ver un documento. XXV. Imprimir un documento.

A Rede CeMIT  configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. 

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300, chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal