O Concello de Guitiriz únese ao programa de adopcións especiais que leva a cabo a Fundación Meniños e que ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito para vivir en familia. Para dar a coñecer este programa os representantes da ONG levarán a cabo unha charla informativa o vindeiro martes 3 de decembro ás 18:30 horas na Casa Habanera. A asistencia é libre e gratuíta para todo aquel que estea interesado.
O obxectivo desta acción é implicar á sociedade para atopar un fogar e unha familia a nenos, nenas e adolescentes que, por presentar necesidades especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia (por exemplo, adolescentes, grupos de tres ou máis irmáns e /ou irmás, nenos ou nenas con discapacidade ou enfermidade, e en xeral quen presente calquera outra característica especial que poida dificultar a adopción).
Desde Meniños ofrecen unha atención completa ás familias, con información, formación, orientación, acompañamento e apoio técnico durante todo o proceso, de maneira que a integración familiar desenvólvase de forma satisfactoria. A concelleira de Benestar Social, Laura Ageitos, animou aos veciños e veciñas de Guitiriz a que se acheguen á charla informativa da Casa Habanera xa que “cremos que é unha iniciativa moi boa e esperamos que, grazas á difusión e á implicación de todas as partes, sirva para que moitos nenos e nenas atopen un fogar”.
0 Comments
Leave A Comment