O Concello de Guitiriz comprométese coa accesibilidade cognitiva, dentro do programa de implantación de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que marcan a pauta para cumplimentar acción da Axenda 2030 fixada pola ONU. Concretamente, esta medida está enmarcada no punto 11, que define como serán as “ciudades e comunidades sostibles”, tendo como obxectivo incrementar a urbanización inclusiva.
A accesibilidade cognitiva designa a propiedade que teñen contornas, procesos, bens, produtos, obxectos, servizos, instrumentos, ferramentas e dispositivos que resultan intelixibles ou de difícil comprensión, porque algo é cognitivamente accesible soamente cando resulta de entendemento sinxelo.
As dependencias municipais, servizos do Concello, empresas privadas, locais de hostalaría, comercios…farán accesible a súa presenza cun pictograma que poñerán de xeito visible nas entradas para deseñar así unha contorna máis accesible, que facilite a comprensión da información e así colaborar tamén co ODS número 4, que pretende “garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, así como promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas”.
Nun primeiro termo desta implantación, levaranse a cabo tarefas de concienciación e formación dos traballadores e traballadoras municipais, para que cada área do Concello de Guitiriz poida desenvolver esta tarefa no ámbito correspondente.
O proxecto realízase en colaboración co CEIP Lagostelle e co IES Poeta Díaz Castro, aos que o Concello fai extensible “o agradecemento pola súa adicación e vontade de mellorar Guitiriz”.
0 Comments
Leave A Comment