O Concello de Guitiriz acaba de iniciar un plan de rebacheo para mellorar vías en todo o municipio. O obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria naquelas estradas ou camiños que se atopen en mal estado.
O rebacheo iniciouse nas parroquias de Baxoi, Bascuas, Trasparga, Pígara e Parga e continuará posteriormente en Buriz, Labrada… Neste plan incluíronse as vías que se considerou que se atopaban en peor estado ou as que soportan un maior tráfico de vehículos.
O goberno local empregou fondos propios para acometer estes traballos xa que, grazas á maquinaria adquirida coa partida do Plan Único da Deputación de Lugo, ten a posibilidade de levar a cabo cos seus propios medios un rebacheo de calidade, aforrando así diñeiro para poder investir noutras vías que necesitan dunha actuación máis completa.
Está previsto que os traballos se estendan por outras vías e camiños do municipio ata finais deste mes de setembro.
0 Comments
Leave A Comment