O Concello de Guitiriz renovará a rede de saneamento situada entre as rúas Lagoa e Xermolos, unha actuación que da continuidade ós traballos de renovación da rede na rúa Combariño, permitindo resolver os problemas de acumulación de areas que provocan estragos nos equipos de bombeo e que tamén están a ocasionar a perdida do material de recheo do firme.

As obras contan cun orzamento de máis de 94.000 euros e estarán financiadas conxuntamente entre o Concello e a Xunta de Galicia, que a través dunha subvención do Plan Hurbe apórtara un máximo do 70% da investimento.

Os traballos a levar a cabo consistirán na renovación dos vellos colectores de formigón situados no tramo obxecto deste proxecto por uns novos de PVC, evitando así a acumulación de areas nos equipos de bombeo.