O Concello de Guitiriz rexistra hoxe, xoves 25 de febreiro, 72 casos activos pola COVID19.
Isto supón unha lixeira baixada con respecto ás cifras dos últimos días. Porén, isto non pode supor baixar a garda fronte ao #virus.
Desde o Concello de Guitiriz facemos, de novo, un chamamento á veciñanza para que sigan cumprindo estritamente coas medidas de prevención:
- Reunións só entre conviventes.
- Peche perimetral do municipio.
- Mantemento da distancia interpersoal de seguridade.
- Emprego da máscara.
- Lavado frecuente de mans.
0 Comments
Leave A Comment