Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz, fai saber:
Seguindo coas medidas establecidas para tratar de solucionar o problema recurrente da auga en Lagostelle, fanse as análises periódicas necesarias para detectar calquer incidencia.
Nos resultados do último control realizado polo Concello no día de onte 14 de novembro, detéctase unha baixada moi importante na concentración de ferro na auga da traida pública (383 µg/l). Comunicado este resultado ó Departamento correspondente da Consellería encargado do Control da potabilidade da auga, e unha vez informados de que este resultado está dentro dos niveis permitidos (0-600), adóptase a seguinte Resolución:
Levantar a Prohibición de empregar a auga da traida pública para consumo humano, a auga é POTABLE.
Así mesmo, o Concello continua a facer todo o posible para darlle unha solución definitiva ó problema, e que non se repita a situación destes pasados días. Unha vez finalizada a construcción da tuberia que vai a conducir a auga ata os depósitos sin pasar polo pantano, seguimos a implantar todas as medidas que se consideran necesarias para poder disfrutar ó longo de todo o ano dunha auga de calidade.
O que se fai público para xeral coñecemento.
0 Comments
Leave A Comment