A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o martes 15 de outubro o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o luns 14 de outubro, con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia.
Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice. A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal) a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, desde o martes 15 de outubro ata o luns 21 de outubro inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles. As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou por ter unha minusvalía do 33% ou superior.
Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do martes 15 de outubro nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade. É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario. En Guitiriz desenvolveranse na Aula CeMIT, o venres 15 de novembro, ás 10:00 horas. Están dispoñibles 19 prazas.
0 Comments
Leave A Comment