O Concello de Guitiriz habilita o período de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para novas solicitudes do curso 2020/21. A reserva poderá facerse desde o 1 de xuño ata o 19 do mesmo mes.
A documentación a entregar será preferemente por sede electrónica e deberá enviarse ao correo: rfanego@concellodeguitiriz.com
De non ser posible vía telemática, poderá facerse de maneira presencial pedindo cita previa con anterioridade a través do teléfono: 982 370 109
A solicitude deberá estar debidamente cumprimentada e asinada. A documetación requerida poderá consultarse a través da seguinte ligazón.
0 Comments
Leave A Comment