O Concello de Guitiriz decidiu acollerse á posibilidade de obter financiamento por parte da Xunta de Galicia para a gratuidade da atención educativa no Punto de Atención á Infancia (PAI) para os segundos fillos ou fillas e sucesivos.

O pleno celebrado a semana pasada aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora do PAI para incluír este apartado nos beneficios fiscais, que quedan redactados do seguinte xeito: desconto do 100% ao 2º fillo/a e/ou sucesivos, 50% no caso de familias perceptoras do RISGA, 30% cando os ingresos da unidade familiar non supere o 50% do IPREM e un 20% no caso de nenos/as que pertenza a unidade familiar monoparental.

Para que esta modificación sexa efectiva terá que abrirse proximamente un período de información pública no Boletín Oficial da Provincia, que terá un prazo de 30 días.