O Concello de Guitiriz abre o período de renovación de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2020/21. Os nenos e nenas que xa estaban matriculados poderán realizar a reserva da praza do vindeiro curso desde o 15 de maio ata o 30 de maio.

A documentación a entregar será preferemente por sede electrónica e deberá enviarse ao correo: rfanego@concellodeguitiriz.com 

De non ser posible vía telemática, poderá facerse de maneira presencial pedindo cita previa con anterioridade a través do teléfono: 982 370 109

A solicitude deberá estar debidamente cumprimentada e deberá facerse constancia de calquera variación ou documentación oportuna que supoña un cambio na tarifa establecida, xa sexa documetación acreditativa de situación económica, familia numerosa, familia monoparental recentem cambio de docimilio…