O Concello de Guitiriz ofrece para o mes de novembro 87 cursos gratuítos e telemáticos grazas ao acordo de colaboración alcanzado con Foro de Formación y Ediciones SL.
As accións formativas, que irán renovándose mensualmente, abarcan un amplo abano de sectores como o do metal, alimentación, química, agricultura, medio ambiente, construción… Por exemplo, os interesados e interesadas poderán formarse en ‘Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica’, ‘Operacións en planta química’, ‘Desenvolvmento web para comercio electrónico’, ‘Farmacoloxía básica’, ‘Xestión de residuos’, ‘Implantación de sistemas de calidade alimentaria na industria agroalimentaria’ ou ‘Salud, nutrición e dietética’.
Os cursos levaranse a cabo a través das plataformas do Foro de Formación y Ediciones e estarán supervisados por profesionais con ampla experiencia no sector. Unha vez rematada a formación, os alumnos serán acreditados co título que lles recoñece que fixeron a formación e superaron as diferentes probas. Recibirán un título homologado pola FUNDAE e toda a acción formativa estará supervisada polo SEPE, o que avala a garantía e o rigor da ensinanza.
Para anotarse en calquera dos cursos hai que poñerse en contacto co Concello vía telefónica a través do 982 370 109.
Descarga aquí o cronograma do mes de novembro completo.
0 Comments
Leave A Comment