Debido á alerta sanitaria provocada polo Coronavirus (COVID-19), e en consonancia coas medidas tomadas polo Concello de Guitiriz e a Xunta de Galicia, tanto a escudería Scratch Fene como o propio goberno local decidiron anunciar o aprazamento do I Slalom Concello de Guitiriz, que se ía a celebrar o 28 de marzo.
A proba queda aprazada por motivos de seguridade ata que a situación sanitaria mellore e se poida incorporar ao calendario de tal xeito que non afecte a outras probas automobilísticas.
Tanto o Concello de Guitiriz como a escudería Scratch Fene lamentan os perxuízos que esta decisión poida ocasionar a todos os afectados. Proximamente, cando a situación o permita, anunciarase unha nova data de celebración.
0 Comments
Leave A Comment