O Concello de Guitiriz aprobou onte en sesión plenaria ordinaria os documentos do Plan Municipal de Prevención de Incendios e o Plan Económico Financieiro que rexerá para os exercicios 2020 e 2021.

O Plan Municipal de Prevención de Incendios, que xa está publicado na web municipal no apartado ‘Online’, foi aprobado por unanimidade. Por outra banda o Plan Económico Financieiro, que o goberno local tivo que elaborar polo uso do remanente a pesar da súa boa situación económica, foi aprobado cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG.

Outros asuntos

Na quenda das mocións, foi rexeitada a moción do BNG sobre as obras no colector do río Veiga co voto a favor do BNG, a abstención do PP e o voto en contra do PSOE. Tamén se rexeitou a moción exposta polo PP sobre o centro de día na escola de Parga cos votos a favor do PP e en contra de BNG e PSOE. A outra moción do PP,  sobre a rúa Paralela-Estación, foi rexeitada cos votos a favor de PP e BNG e en contra do PSOE.