Hoxe, xoves 31 de marzo, celebrouse o pleno do Concello de Guitiriz no que se trataron as seguintes propostas:
- Disposicións Normativas (Aprobación, Modificación ou Derrogación). Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.
- Modificación de Créditos. Aprobada cos votos a favor do PSOE, abstención do PP e voto en contra do BNG.
- Recurso Reposición Aprobación Definitiva da modificación da RPT (7a modificación) Aprobada cos votos a favor do PSOE e do BNG e votos en contra do PP.
Na quenda de mocións:
- Moción presentada polo BNG relativa ás actuacións que deben impulsaros gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e os votos a favor do PP e BNG.
- Moción presentada polo BNG para incentivar o autoconsumo solar a traves de bonificacións do IBI. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e os votos a favor do PP e BNG.
- Moción PSOE sobre a invasión de rusa sobre Ucranía. Aprobada por unanimidade e cunha enmenda proposta polo BNG.
- Moción PP relativa a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e os votos a favor do PP e BNG.
- Moción PP para poñer en marcha medidas urxentes necesarias para minimizar as consecuencias tras a invasión de Ucraína. Rexeitada cos votos en contra do PSOE, a abstención do BNG os votos a favor do PP.
0 Comments
Leave A Comment