Hoxe, xoves 27 de xaneiro, celebrouse o pleno do Concello de Guitiriz no que se trataron as seguintes propostas:
- Aprobación definitiva do orzamento municipal para o ano 2022. Aprobada cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP.
- Aprobación definitiva da modificación da RPT (7ª modificación). Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e os votos en contra do PP.
- Modificación do réxime de adicacións e retribucións da concelleira delegada de Turismo. Aprobada cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG.
- Solicitude ao ‘Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana’ o cambio de titularidade da travesía urbana da N-VI ao seu paso por Guitiriz. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.
Na quenda de mocións:
- Moción presentada polo BNG para mellorar a limpeza e o coidado das rúas e camiños do municipio. Rexeitada cos votos en contra do PSOE.
- Moción presentada polo BNG que insta reclamar á Deputación de Lugo o mal estado do arranxo da estrada de Parga a Sambreixo. Aprobada por unanimidade.
- Moción presentada polo PP para solicitar a reprobación do Ministro de Consumo, Alberto Garzón. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e BNG.
0 Comments
Leave A Comment