Onte, xoves 30 de xaneiro, celebrouse unha sesión ordinaria do pleno da corporación do Concello de Guitiriz na que se trataron os seguintes temas.
- Aprobouse definitivamente a modificación 6ª da RPT cos votos a favor de PSOE e PP e abstención do BNG.
- Aprobouse por unanimidade a proposta de delimitación dun área de rehabilitación integral (ARI) en Os Vilares e O Buriz.
- Aprobouse a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra do PP.
- Aprobouse por unanimidade a adhesión ao convenio para a asunción pola Xunta da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local.
- Rexeitouse a moción do BNG relativa á adquisición de camas articuladas, guindastres de mobilización de persoas encamadas, colchóns antiescaras, muletas e cadeiras de rodas para préstamo a veciños e veciñas de Guitiriz cos votos a favor do BNG, a abstención do PP e en contra do PSOE.
- Aprobouse a moción do BNG relativa á construción dun complexo deportivo cos votos a favor do BNG e do PP e a abstención do PSOE.
- Aprobouse a moción do BNG contra a emigración que sufre o país galego cos votos a favor do BNG e o PSOE e a abstención do PP.
- Rexeitouse a moción do PP sobre a reforma das dependencias municipais cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e en contra do PSOE.
0 Comments
Leave A Comment