Hoxe, xoves 22 de decembro, celebrouse un pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron os seguintes puntos:
1. Modificación do regulamento do PAI. Aprobada por unanimidade.
2. Aprobación definitiva da ordenanza reguladora do tráfico. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.
3. Modificación do regulamento do Centro de Día ‘Casa do Capataz’. Aprobada por unanimidade
4. Aprobación do acordo regulador do prezo público do servizo de conciliación. Aprobada por unanimidade.
5. Modificación do acordo regulador do prezo público pola utilización da pista de pádel. Aprobada cos votos a favor do PSOE e en contra do PP e BNG.
6. Modificación da ordenanza reguladora da taxa pola tramitación de expedientes e expedición de documentos administrativos. Aprobada por unanimidade.
7. Moción do BNG sobre a actuación que levou a cabo o Concello no Curro Vello. Aprobada por unanimidade
8 Modificación, no inventario de camiños municipal, do trazado dun camiño en Sesulfe. Aprobada por unanimidade.
0 Comments
Leave A Comment