Hoxe, xoves 27 de xullo, celebrouse un pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron os seguintes puntos:
1. Aprobación da conta xeral 2022. Aprobada cos votos a favor do PSOE e abstención do PP e BNG.
2. Dación de conta das resolucións de alcaldía dende o número 2023-228 ata o 2023-657.
3. Aprobación definitiva da desafectación ben municipal. Aprobada cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG.
4. Cesión da Escola de Santa Cruz a favor da Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Cruz. Aprobada por unanimidade.
5. Proposta de días festivos locais para o ano 2024. Aprobada por unanimidade.
6. Modificación de Créditos. Suplemento de crédito 2/2023. Aprobada cos votos a favor do PSOE e en contra do PP e abstención do BNG.
7. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 2-2023. Aprobada cos votos a favor do PSOE e abstencións do PP e BNG.
8. Modificación da ordananza fiscal número 16 reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.
0 Comments
Leave A Comment