Hoxe, xoves 30 de marzo, celebrouse un pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron os seguintes puntos:
1. Resolución de alegación e aprobación definitiva da modificación da RPT. Aprobada cos votos a favor do PSOE e abstención do PP e do BNG.
2. Recoñecemento extraxudicial de créditos. Aprobada cos votos a favor PSOE e PP e abstención do BNG.
3. Crédito extraordinario e Suplemento de Crédito. Aprobada cos votos a favor do PSOE, abstención do PP e voto en contra do BNG.
4. Moción BNG referida ao apoio a ILP (lniciativa Lexislativa Popular) sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e dous membros do PP (tres votos do PP votaron en contra).
5. Moción BNG para que se volva a facilitar aos grupos políticos da oposición a documentación que ata o de agora viña facilitando. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e votos a favor do PP e do BNG.
6. Moción do PP sobre a modificación do acceso os Decretos de Alcaldía para os partidos políticos da oposición. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e votos a favor do PP e do BNG.
0 Comments
Leave A Comment