Hoxe, xoves 4 de abril, celebrouse un pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron os seguintes puntos:
1.Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Dación de conta das resolucións da alcaldía dende o nª 2024-0039 ata o nª 20234-0236.
3. Dación de conta de liquidación 2023.
4. Cesión terreo da Escola de Santa Cruz a favor da Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Cruz. Aprobada por unanimidade.
5. Modificación do inventario municipal de camiños no lugar As Casas Novas- Parroquia de Pígara. Aprobada por unanimidade.
6. Modificación de Créditos. Transferencia de crédito entre aplicación de distinta área de gasto. Gastos de inversións. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.
7. Modificación de Créditos. Suplemento de crédito financiado con Remanente de Tesorería 1-2024. Aprobada cos votos a favor do PSOE, abstención do PP e en contra do BNG.
8. Modificación de Créditos. Suplemento de crédito 2-2024. Aprobada cos votos a favor do PSOE, abstención do BNG e en contra do PP.
9. Modificación puntual RPT (11ª). Aprobada cos votos a favor do PSOE, abstención do PP e en contra do BNG.
10. Incoación expediente do contrato mixto “Servizos enerxéticos do alumeado exterior e os edificios municipais do Concello de Guitiriz”. Aprobada cos votos a favor do PSOE, en contra do PP e abstención do BNG.
11. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 1-2024. Aprobada cos votos a favor PSOE e abstención do PP e BNG.
12. Moción PSOE e BNG para esixir a Xerencia do Sergas a inmediata reposición das prestacións do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Guitiriz. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.
13. Moción PP relativa á normativa respecto dos Galiñeiros de Autocunsumo. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e BNG e a favor do PP.
14. Moción BNG para amosar o rexeitamento ao proxecto de construción dunha macrofactoria de pasta de celulosa de Altri en Palas de Rei. Aprobada cos votos a favor do BNG e PSOE e en contra do PP.
15. Rogos e preguntas.
0 Comments
Leave A Comment