Desde a Biblioteca Municipal de Guitiriz ‘Casa Habanera’ realizaron unha escolma de actividades e recursos culturais para que a veciñana poida facer uso delas durante o confinamento.

1.- Participar no concurso promovido por Galix Un poema na túa voz”. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, animámos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas e as enviedes a Galix. + información

2.- Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual.

3.- O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.

4.- A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros

5.- A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura en Kalandraka TV.

6.- En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.

7.- Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG. Non vos perdades os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia.Canle YouTube do Xabarín.

8.- Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.

9.- Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

10.- Na web da RTVE atoparedes un ciclo de teatro familiar.

11.- TVE pon en liña de balde 60 películas como ‘Campeones’, ‘Julieta’ ou ‘La Llamada no portal Somoscine.

12.- Esta páxina ofrece, de xeito directo e gratuíto, libros que os seus autores cederon voluntariamente e de xeito altruísta nestes momentos de crise: Biblioteca Covid19 Solidaria

.13.- A AGASP convoca un concurso de debuxos para que os nenos e nenas galegos trasladen á Policía e á Garda Civil os seus ánimos e agradecemento.

14.- Dende a Biblioteca Municipal lembramos que calquera cidadán pode acceder a “Galicia Le”.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

15.- Sitios onde descargar gratis libros en galego (e portugués) – Fonte Maos.Gal

16.- Busca aquí diferentes opcións para facer na cuarenta con só pinchar un botón.