Debido o aumento de casos en Guitiriz, recomendamos ás familias que extremen as precaucións.
Ante a aparición de calquer síntoma ou sospeita de contaxio, rogamos que avisen ás autoridades sanitarias e como medida de precaución NON envíen o alumnado aos centros educativos.
No caso de que as probas deran positivo, as familias deben avisar aos colexios ou os/as titores/as o antes posible, para poder tomar as medidas oportunas e minimizar riscos.
Lembrade que é indispensable cumprir coas normas sanitarias e hixiénicas básicas para frear o avance do virus:
– Emprega sempre a máscara.
– Garda a distancia de seguridade interpersoal.
– Lava frecuentemente as mans con auga e xabón.
– Evita as reunións con persoas de fóra do ámbito familiar.
– Realiza unha ventilación correcta nos espazos pechados.
0 Comments
Leave A Comment