Esta mañá tivo lugar unha xuntanza do grupo de mulleres de Guitiriz. A traballadora social de Cogami acudiu para abordar aspectos relacionados co empoderamento das mulleres con discapacidade. Acordouse que os obradoiros terán lugar na Casa Habanera de Guitiriz os mércores de 17 a 19 horas, en sesións grupais onde se abordarán temáticas como: autocoñecemento, autoestima e autoconcepto, habilidades sociais e comunicativas, dereitos e hª das mulleres, abordaxe da autonomía e independencia, combinando actividades centradas nas capacidades de cada unha de nós.

Aproveitando o espazo accesible e os diferentes medios, traballaremos de xeito transversal valores como a independencia, igualdade de oportunidades, autonomía persoal, cohesión e pertenza a grupos. Os obradoiros serán dinámicos, participativos, actuais, coa implicación de tódalas participantes e axudarán a construir unha sociedade máis xusta e empoderada.