Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de presentación da derradeira proba do VII Rally Lugo-Centollo de Coches Clásicos, que tomará a saída no municipio de Guitiriz. Durante a proba, os automóbiles sairán cada medio minuto e deberán respectar, en todo momento, as normas de tráfico. En todo caso, nunca poderán exceder os 50 quilómetros por hora. Os coches comezarán a chegar sobre as 10:00 horas da mañá, e quedarán estacionados no circuíto pechado, na praza de centro de Guitiriz. A partir das 12:30 horas, estímase que xa todos os automóviles estean circulando.
O final da proba, despois de percorrer as estradas de Melide, Ponte de Muros, Vilar de Cruces e Pontecesures, será Santiago de Compostela, onde se celebrará unha cea de confraternización. En total, contando pilotos e organización, movilizaranse un total de 102 persoas, para que todo resulte segundo o previsto.
Ao finalizar esta, entregaranse os trofeos do Rally, e tamén da proba Clásica Noroeste. Cabe destacar que, como se trata dunha proba de regularidade, prémiase isto, é dicir, aquel vehículo que foi máis constante ao longo de todas as nove probas que se desputaron. Para comprobalo, emprégase un rutómetro, un instrumento similar aos que se empregan na proba do Rally Dakar.
Entre os automóbiles que se poderán ver en Guitiriz, destacan varios Volkswagen Golf Cabrio, algún Mini Cooper, un Porsche 911 SC, un Porsche 930 Turbo ou varios BMW do ano 1977. Todas as máquinas participantes están datadas, como mínimo, no ano 1989 ou anterior. Na proba participarán os irmáns Vallejo, o que supón un ‘plus’ á hora de participar, e tamén de visitar o parque pechado.
Á rolda de prensa acudiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, concelleira de Cultura, Ainara Pérez; o representante da escudería Centollo e da Asociación Lucense de Automóviles Antiguos, Eduardo Iglesias y Samuel Campo, tamén membro da escudería. En declaracións da alcadesa de Guitiriz, quen quixo agradecer o proxecto de colaboración á Escudería Centollo, destacou que “é importantísimo que un evento tan interesante e de tanta relevancia a nivel autonómico teña como saída na derradeira etapa o noso Concello. Desde o minuto un pareceunos unha boa idea e estamos moi agradecidos á organización. Na vindeira edición esperamos ser chegada”, apuntaba Morandeira. Tamén quixo resaltar que “a proba ten fins solidarios, e faise visible o traballo da Asociación ‘SOMOS, unidos por el cáncer’, resultando fundamental que un grupo de persoas como elas e eles faigan o traballo que fan”, remataba a alcaldesa.
Por outra banda, Eduardo Iglesias quixo destacar “que es la segunda vez que venimos a Guitiriz, y que cuenta con una serie de vías que hacen la prueba muy atractivas, tanto por su composición como por sus parajes. Somos 102 personas que nos reunimos para que se desarrolle esta prueba, una de las 9 por Galicia y agradezco el apoyo que nos ha prestado el Ayuntamiento. A su vez, también a los patrocinadores del Concello, porque nos recibieron con las manos abiertas”.
0 Comments
Leave A Comment