Ao longo do día de hoxe, venres 15 de maio, as persoas admitidas no programa Concilia Vacacións 2026 recibirán un correo electrónico. Se non é así, ou se se detecta algún erro ou discrepancia na liquidación, contacta co Concello no teléfono 982 370109.
O prazo de pago remata o 15 de xuño de 2026.
Formas de pago:
- Con tarxeta bancaria nas Oficinas xerais do Concello de Guitiriz (con tarxeta).
- A través do sistema de pagos en liña do Concello.
- Nas oficinas de ABANCA Corporación.
Non é necesario que se remita o xustificante de pago, os servizos económicos do Concello realizarán de oficio as comprobacións oportunas.

0 Comments
Leave A Comment