Servizo de atención psicolóxica municipal:
O Servizo de Atención Psicolóxica (SAP) leva máis de dez anos funcionando de maneira ininterrompida. Trátase dun recurso integrado nos Servizos Sociais Comunitarios, concebido como un servizo de proximidade para a poboación de Guitiriz.
O seu obxectivo principal é ofrecer apoio psicosocial e acompañamento ás persoas que o precisen e o soliciten. Prestarase especial atención, con carácter prioritario, ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade derivadas dos Servizos Sociais Comunitarios, como vítimas de violencia de xénero ou doutras formas de violencia contra as mulleres, así como aos seus fillos e fillas.
Así mesmo, o servizo atende tamén a persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e familias con responsabilidades de coidado de persoas dependentes, contribuíndo a mellorar o seu benestar e calidade de vida.