O Festival de Pardiñas 2026 comeza o venres 31 de xullo e estenderase ata o domingo 2 de agosto, cunha ampla programación na que a cultura galega é a gran protagonista. A Asociación Cultural Xermolos volve a encargarse da organización do evento nesta 47ª. edición na que a música e a tradición serán as grandes protagonistas do fin de semana no Concello de Guitiriz, con actividades como obradoiros, mostras ou concertos.


