O Concello de Guitiriz informa da celebración da charla ‘Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido’, organizada pola asociación Dano Cerebral Lugo, que terá lugar o vindeiro 13 de outubro na Escola Habanera.

A actividade dará comezo ás 16:30 horas e está aberta á participación da veciñanza e de todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre o dano cerebral adquirido, a súa realidade e o seu impacto.

A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.