A Escola Habanera acollerá o sábado 17 de outubro, ás 17:30 horas, o espectáculo infantil “Cantaruxa Catuxa”, da compañía Loia Producións .
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música.
Esta cita, enmarcada no Circuíto de Teatro Profesional da Deputación de Lugo, é unha ocasión xenial para pasar unha tarde divertida en familia.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
