Listado provisional de admitidos no prazo extraordinario do Concilia Escolar 2026/2027.
As persoas admitidas no programa Concilia Escolar 2026/2027, correspondente ao prazo extraordinario aberto entre os días 2 e 5 de novembro, recibirán mañá, xoves 12 de novembro, un correo electrónico coa liquidación correspondente.
Se non é así, ou se se detecta algún erro ou discrepancia na liquidación, poden contactar co Concello no teléfono 982 370 109. Recoméndase revisar o buzón de spam (correo non desexado) para comprobar que non se recibiu alí a mensaxe.
O prazo de pago comeza o venres 13 e remata o martes 17 de novembro de 2026.
Formas de pago:
– Con tarxeta bancaria nas Oficinas xerais do Concello de Guitiriz (cobro por TPV).
– A través do sistema de pagos en liña do Concello.
– Nas oficinas de ABANCA Corporación.
Non é necesario remitir o xustificante de pago. Os servizos económicos do Concello realizarán de oficio as comprobacións oportunas.
As listas definitivas publicaranse o vindeiro 19 de novembro.
LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PRAZO EXTRAORDINARIO NOVEMBRO 2026
