Aprobación Definitiva Ordenanza Municipal Reguladora do Servizo de Taxis do Concello de Guitiriz. Aprobada cos votos a favor do PSOE e o PP e a abstención do BNG.

Resolución imposición de dúas penalidades por incumprimento do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e Técnicas do Contrato Mixto dos Servizos Enerxéticos do Alumeado Exterior e dos Edificios Municipais. Aprobada por unanimidade.

Regulamento prestación de servizos en réxime de teletraballo no Concello de Guitiriz. Aprobada por unanimidade.

Moción PP para instar a ADIF á limpeza, conservación e reparación das instalacións ferroviarias das estacións de Parga e Guitiriz. Aprobada por unanimidade.

Moción PP para a creación dunha Comisión Informativa Especial sobre problemas de abastecemento de auga e cortes de subministración no Concello de Guitiriz. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e a favor do PP e o BNG.

Moción BNG para a realización dun diagnóstico e auditoría da rede de abastecemento de auga no Concello e a creación dunha reserva hídrica auxiliar fronte á seca. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e a favor do PP e o BNG.