A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz, vén de clausurar hoxe a actividade tecnolóxica “Verán Dixital”.
Durante os meses de xullo e agosto, un total de 12 nenos e nenas de entre 9 e 12 anos gozaron dun taller de informática. O obxectivo foi o de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, adquirindo habilidade e experiencia no uso do computador e familiarizándose cos programas que máis se adecúan á súa idade e intereses.
Algúns dos programas que os menores utilizaron foron: Klavaro, Libre Office Impress e Libre Office Writer.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como un instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, tutorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
0 Comments
Leave A Comment