Debido ás incidencias na traída de auga municipal, e tendo en conta a seca destes últimos anos, así como o aumento de visitantes, e para evitar que nun futuro se produzan restricións no subministro de auga potable, pregamos que fagan un consumo responsable da auga da traída municipal consumindo só a auga estritamente necesaria para actividades cotiás.

Do mesmo xeito comunícase que queda prohibido regar as hortas e xardíns privados con auga da traída ata que se faga unha nova comunicación. Esperamos que esta situación dure o prazo máis breve posible e deste xeito se causen os menos prexuízos posibles.