No ano 1998, decídese formar unha banda de música para presentar unha boa formación cultural musical e tamén de algunha maneira dar a coñecer o noso Concello. En tan só dous anos realizouse unha presentación nas festa de San Xoán de Guitiriz, baixo a batuta de D. Abel Riveira Pena.
A raíz de aí o alumnado da Escola Municipal de Música de Guitiriz fixeron o seu desexo realidade de dar a coñecer a súa arte por toda a xeografía galega e máis alá das súas fronteiras.