Unha unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Guitiriz, ao carón do concello, o martes 31 de marzo de 16 a 21 horas.
As persoas que acudan a doar teñen que pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828.
Ante a situación excepcional xerada pola expansión do Coronavirus, tomaranse medidas especiais para que a doazón de sangue se faga dun xeito seguro. Podes consultalas pinchando aquí.
No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.
0 Comments
Leave A Comment