O Concello de Guitiriz quere que todos os autónomos do municipio que vaian a ter atención ao público poidan volver a retomar a súa actividade laboral garantindo tanto a súa seguridade como a da súa clientela e, por iso, está a subministrarlles material de protección a todos.
Polo momento entregáronse 1.740 máscaras, 400 guantes, 3 pantallas faciais, 20 dispensadores e 23 botes de xel hidroalcohólico. A entrega está a levarse a cabo na propia casa consistorial baixo demanda dos propios particulares.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, animou a “aqueles autónomos e autónomas que aínda non solicitasen o seu material que nos chamen ao Concello, contamos con existencias suficientes para todos e queremos que poidan retomar a súa actividade canto antes baixo as mínimas condicións hixiénicas esixidas”.
0 Comments
Leave A Comment