O Concello de Guitiriz reabrirá o seu Mercado semanal, que quedara suspendido debido á crise sanitaria orixinada pola expansión da COVID-19. A reapertura terá lugar na mañá deste mércores, 20 de maio, e será no Campo da Feira como viña sendo habitual.
Debido á favorable evolución da crise sanitaria e ao alivio que supón a Fase 1 da desescalada nas restricións marcadas polo Estado de Alarma, o goberno local decidiu retomar o seu mercado Semanal, que se celebrará todos os mércores pola mañá no Campo da Feira.
Venderanse tanto alimentos como verduras, legumes, froitas, ovos, queixo ou mel como outro tipo de produtos e materiais típicos destes mercados.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, explicou hoxe que “garantizaremos que se cumpran todas as medidas sanitarias esixidas pola legalidad vixente xa que haberá un control do aforo e do distanciamento entre os postos, ademais de subministrar xel hidroalcohólico tanto a produtores como a compradores”.
Ademais, expresou a súa satisfación por “ir recuperando pouco a pouco a normalidade e que os produtores poidan ir dando saída ao excedente que acumularon”.
0 Comments
Leave A Comment