O Concello de Guitiriz recadou un total de 1.367 euros na segunda edición da carreira virtual Guitiriz Termal, que serán doados a ‘Somos unidos por el Cáncer’, unha asociación fundada por un grupo de nais e pais con fillos (nenos e adolescentes) enfermos de cáncer e que traballa para axudalos a eles e á súa contorna.
Do 8 ao 18 de abril foron 371 as persoas que participaron nesta proba solidaria, superando así os 148 inscritos da primeira edición, celebrada o pasado ano, e na que se recadaron 1.185,62 euros que pasaron a formar parte do fondo municipal para facer fronte ás situacións de emerxencia social xeradas pola pandemia da COVID-19.
Os participantes puideron optar por cubrir unha distancia de 5 quilómetros para a carreira e de 7 quilómetros en andaina. Os centros educativos do municipio tamén se involucraron e, no IES Poeta Díaz Castro, ao redor de 200 alumnos e alumnas fixeron a súa propia andaina. No CEIP de Lagostelle farán o propio esta semana co alumnado de 5º e 6º de primaria mentres que os máis pequenos levarán a cabo un percorrido simbólico polo centro.
Ademais, hoxe, luns 19 de abril, levouse a cabo o sorteo de 30 vales de 20 euros, doados polo Concello, para gastar nos locais de hostalería de Guitiriz adheridos. Os agraciados poderán recoller os vales no Concello do 20 ao 30 presentando o DNI ou unha autorización firmada. No caso dos menores de idade deberán ser os pais os que o reciban. O prazo para gastalos rematará o 30 de maio de 2021.
O concelleiro de Deportes, Iván Morado, destacou que “o máis importante desta proba é a solidariedade amosada unha vez máis polo pobo de Guitiriz” e subliño que “a recadación que doaremos a Somos Unidos por el Cáncer aínda aumentará xa que está pendente de facer o ingreso dos participantes do CEIP de Lagostelle”.
Dorsais gañadores dos 30 vales de 20 euros e lista de reserva (elimináronse os números 311 e 312 e do 315 ao 325 porque non pertencían a unha persoa en concreto se non a un curso escolar completo)
Puesto 1: 194 – Manel Redondo Sol
Puesto 2: 284 – Paula González Riva
Puesto 3: 338 – Domingo López Morado
Puesto 4: 107 – Roberto Eimil Vázquez
Puesto 5: 123 – Ofelia Martínez Lobeiras
Puesto 6: 70 – Luca Gruñeiro Teijido
Puesto 7: 28 – María Ángeles López Piñeiro
Puesto 8: 101 – Marcos Docasal Pereira
Puesto 9: 370 – Pedro Peteiro Rosende
Puesto 10: 273 – Laura Filgueiras Prieto
Puesto 11: 132 – Iria Fernández Moscoso
Puesto 12: 204 – Abel Álvarez Álvarez
Puesto 13: 245 – Silvia Siulvosa Regueiro
Puesto 14: 116 – Ana María Pérez Martínez
Puesto 15: 37 – Iván Feijóo López
Puesto 16: 87 – Ana Vázquez Amenedo
Puesto 17: 179 – Noa Ferreiro Rosende
Puesto 18: 196 – Manuel Carpente Vázquez
Puesto 19: 248 – Alejandro González Riva
Puesto 20: 121 – Sara Paz Miragaya
Puesto 21: 337 – Diego López
Puesto 22: 188 – Lía Santamariña Iglesias
Puesto 23: 190 – Gabril Iglesias Gayoso
Puesto 24: 167 – Zahira Gómez García
Puesto 25: 157 – Iván Morandeira López
Puesto 26: 67 – Vanesa Teijido
Puesto 27: 160 – Noa Longarela Carro
Puesto 28: 189 – Óscar Gómez Varela
Puesto 29: 223 – Maite Villar Sánchez
Puesto 30: 17 – Karina Álvarez Chao
LISTA DE RESERVA
Puesto 31: 286 – Iago Graña Villares
Puesto 32: 26 – Queila Fernández Díaz
Puesto 33: 63 – Francisco Bao Estévez
Puesto 34: 298 – María Dolores García Pérez
Puesto 35: 153 – Sabela López García
Puesto 36: 173 – Rubén Freire Lobeiras
Puesto 37: 16 – Nerea Rodríguez Blanco
Puesto 38: 14 – Iván Sangiao Darriba
Puesto 39: 250 – Yago Martínez Pena
Puesto 40: 109 – Iván Díaz Paredes
0 Comments
Leave A Comment