Alianza do Concello de Guitiriz e Asociación Cultural Xermolos para festexar o antroido deste ano  2021. Para ir quentando motores co antroido deste ano propoñen dúas actividades, previo ao Concurso de Antroido: 

MEMORIA DO ANTROIDO: 

Recompilación fotografías do antroido de anos pasados. Rebusca no teu álbum de fotos, seguro que  tes fotografías do antroido do ano pasado, do anterior, ou igual de moitos anos atrás… Queremos  que as compartas con nós e así recordar como eran e amosar ás xeracións máis novas como se  vivían os antroidos en Guitiriz. IMPORTANTE: Cando envíes a foto, indica o ano e o lugar. 

SERMÓN DE ANTROIDO: 

Dálle ao maxín e anímate e crear a túa copla satírica; ou ben podes recompilala, si é así, indica a  persoa de quen a recolles e o lugar. Pode ser recitada ou cantada. Escrita en lingua galega e as  estrofas que ti queiras. 

Para participar só tes que enviar un correo coa túa copla, fotografía a antroido2021@gmail.com 

O PRAZO para estas dúas propostas vai DO 5 AO 11 DE FEBREIRO. Publicaranse nas redes sociais  e web do Concello de Guitiriz e Xermolos.

 


 

CONCURSO ANTROIDO: 

Concello de Guitiriz e Asociación Cultural Xermolos animan a participar no concurso de Antroido  2021 nun formato diferente ao tradicional por mor da situación que estamos a vivir pola Covid-19.  Todas as persoas participantes poderán optar ao premio do xa tradicional goxo de productos típicos  do entroido. 

Establécense as seguintes categorías: 

  • Disfraz máis orixinal. 
  • Disfraz mellor elaborado. 
  • Disfraz máis humorístico. 
  • Disfraz máis musical. 

Como novidade este ano establecese unha nova categoría: MELLOR MECO, a elaboración do  boneco satírico do antroido. 

Determínanse dúas modalidades:1 VÍDEO: cunha duración máxima de 30 segundos, gravado en  posición horizontal ou ben 1 FOTOGRAFÍA: Só serán válidas en formato JPG ou PNG.  No video pódese realizar unha pequeña parodia, canción, baile aínda que non é obrigatorio. 

PRAZO PRESENTACIÓN E INSCRICIÓN  

A inscrición será do 12 ao 16 de febreiro, descargando as bases (Anexo I) para cubrir e asinar onde se aceptará a protección de datos e  autorización para dar o consentimiento do dereito ás imaxes e videos nas redes sociais e web  do Concello de Guitiriz. 

Xunto coa sinatura da solicitude de inscrición enviaráse a fotografía ou o vídeo ao correo antroido2021@gmail.com aportando os seguintes datos:  

  • Nome do disfraz. 
  • Nome e apelidos do participante/ representante comparsa. 
  • Télefono de contacto. 
  • Parroquia.

A participación está aberta a todas as persoas que teñan relación con Guitiriz. SEMPRE  DENTRO DO MESMO NÚCLEO FAMILIAR (PERSOAS CONVIVENTES). 

XURADO  

O xurado estará formado por representantes do Concello de Guitiriz e a Asociación Cultural  Xermolos. A deliberación do xurado coñecerase o mércores 17 de febreiro no Facebook, na  web do Concello de Guitriz e da Asociación Cultural Xermolos. 

PREMIOS  

Os premios serán os seguintes:  

∙ Todos os nenos e nenas participantes recibirán un agasallo. 

∙ Aos gañadores de cada categoría faráselle entrega do xa tradicional goxo de antroido.

Consulta e descarga as bases aquí.