O Sergas informou ao Concello de Guitiriz de que se realizará un cribado o xoves, 11 de febreiro, destinado ao sector de atención de cara ao público dos establecementos do municipio para frear a expansión da COVID19.
As probas, que se realizarán no pavillón municipal, poderán realizalas aquelas persoas que durante a súa xornada laboral estean expostas ao público (traballadores e traballadoras de comercios minoristas, supermercados, taxistas…).
Para atender as solicitudes de participación no cribado habilitouse o seguinte número de teléfono: 630 053 350.
0 Comments
Leave A Comment